ACHEGAS AO PATRIMONIO INMATERIAL GALEGO


FORMATO: 160x230 mm.  -  Nº DE PÁXINAS: 202  -  ISBN: 978849486824  -  ANO DE PUBLICACIÓN: 2018


Este libro publicado pola Sociedade Antropolóxica Galega, conforma ser un libro coral que compendia nove traballos de diferente autoría, diversos en canto a temática, estilo e enfoque pero que comparten todos eles o denominador común de tratar temas do noso Patrimonio Inmaterial. Áreas de coñecemento que van dende a mitoloxía, ata a relixiosidade popular pasando polas festas tradicionais, as crenzas ou os ritos aínda vivos na cultura tradicional.

 

O libro foi coordinado polo antropólogo Rafael Quintía, creador e docente do curso da UNED  “Mitoloxía, crenzas, rituais e manifestacións festivas da cultura tradicional galega. Un achegamento antropolóxico ao patrimonio inmaterial de Galicia“, ao abeiro do cal naceu este libro que contén unha escolma de traballos de investigación ao redor do Patrimonio Inmaterial galego feitos polos seguintes autores e autoras: Sara Alonso Mallo, Lina Álvarez Iglesias, Carlos X. Ares Pérez, Víctor Caride Abalde, Ana Durán Penabad, Pilar López Vilas,  Lidia Mariño Ventoso, Natividad Rey Ordóñez e Cruz Vázquez Torres.


OS RITUAIS DA MORTE NAS TERRAS DE VIANA DO BOLO:

Inclúe este libro o meu artigo titulado "Os rituais da morte nas terras de Viana do Bolo", cunha extension que vai dende a páxina 45 ata a 80. No mesmo faise un percorrido polos usos, costumes, crenzas e diferentes aspectos etnográficos que, a poboación desta zona do oriente ourensán adopta e adoptou ao longo da historia, ante a chegada da morte aos seus fogares en particular e a toda a comunidade en xeral.


Este traballo tivo a súa referencia na prensa ourensá, como sucedeu neste artigo que segue do xornal O Sil.


PRESENTACIÓNS DO LIBRO:

Foron dúas as presentacións realizadas. A primeira delas na Casa das Campás de Pontevedra, o 12 de xuño de 2018; e a segunda na Asociación de Veciños San Roque de Pontevedra, no barrio da Moureira (sobre o que versa o artigo da compañeira Pilar Vilas), no serán do 29 de xuño de 2018.

Engado unha galería con fotos de ambos eventos.