"ADEUS VIANA"


"Adeus Viana" é o título da canción que me adicou o grupo de música tradicional galega "Escaravellos".

A escribiron en 2019 despois dunha visita a Viana do Bolo, cando me acompañaron coa súa música nunha conferencia que impartín co gallo das actividades das Letras Galegas que daquela organizou o concello.

O grupo, con sede en Beade (Vigo), está composto por Belén Bravo, Ana Abalde, Pili Fernández, Leni Pérez e Rique Freiría. A letra da canción é de Pili e a música foi composta por Rique.

O estrea de "Adeus Viana", que fala do sentemento da emigración e da dor que provoca ter que deixar a terra propia, tivo lugar nun concerto desenrolado na Sala Rebullón (Mos) o 15 de febreiro de 2020.


O GRUPO ESCARAVELLOS NO DÍA DO CONCERTO.

DE ESQUERDA A DEREITA: RIQUE, LENI, PILI, ANA E BELÉN


O VÍDEO DA PRESENTACIÓN.


RESEÑA EN PRENSA DA ESTREA DA CANCIÓN: