O ANIMALARIO DO ENTROIDO GALEGO. MITO E TRADICIÓN


FORMATO: 150x210 mm.  -  Nº DE PÁXINAS: 170  -  ISBN: 9788412541052 -  ANO DE PUBLICACIÓN: 2024


Neste traballo de investigación etnográfica, editado por AB ORIGINE EDICIÓNS, e prólogo de Ana Durán Penabad, achego a presenza das representacións animais no folclore do entroido nas catro provincias galegas. Un estudo descritivo no que se catalogan e se dá conta da estática das mesmas, da súa simboloxía, das referencias históricas e mitolóxicas que as preceden e tamén dalgunhas lendas que estes animais levan asociadas. 

A festa do entroido é unha gran manifestación identitaria que conta cun especial arraigo entre a comunidade, na que se desenrolan ritos transmitidos de xeración en xeración. Algúns dos protagonistas son os animais aquí debullados que, convertidos en máscaras oficiadas polos actores da festa, alcanzan unha gran relevancia no ciclo. Noutros casos son as propias bestas as que irrompen na escena entre a veneración dos asistentes. Todos eles son estudados polo miúdo como elementos individuais e tamén como membros dos colectivos dos que forman parte.

Vacas, touros, galos, formigas, carneiros, cervos, osos, mulas, cabalos e outros moitos, quizais sexan vistos doutro xeito polo lector, despois de ler este libro.


O libro foi presentado o Mércores, 31 de xaneiro na Libraría Eixo de Ourense, nun acto no que participaron Xabier Casares Mouriño (Presidente da Fundación Carlos Casares e do Liceo Ourensán) e Rafael Quintía (editor e Presidente da Sociedade Antropolóxica Galega).


Posteriormente foi tamén presentado nas III Xornadas Online Entroido de Galiza que organiza Orgullo Galego, no programa ZigZag da TVG (Compostela, 12/02/24), nas XII Xornadas sobre o Entroido de Galicia que organiza a Sociedade Antropolóxica Galega (Pontevedra, 17/02/24) e no Museo Galego do Entroido (Xinzo de Limia, 20/04/24).

(Preme nas imaxes para ampliar).

Xornadas Online
Xornadas Online
ZigZag
ZigZag
Xornadas SAGA
Xornadas SAGA
MUGAE
MUGAE


ESCOLMA DE PRENSA:

Foron varios os medios que se fixeron eco da publicación do libro... Radio Galega, La Voz de Galicia, Televisión de Galicia, La Región, O Sil, Revista Entroido en Galicia, Faro de Vigo, Diario de Arousa, Nós Diario, Programa Entroido do Concello de Pontevedra e Suplemento Vida de La Región.

(Preme nas imaxes para ampliar).

LA VOZ DE GALICIA
LA VOZ DE GALICIA
LA REGIÓN
LA REGIÓN
REVISTA ENTROIDO
REVISTA ENTROIDO
VIDA
VIDA

NÓS DIARIO
NÓS DIARIO
DIARIO CULTURAL
DIARIO CULTURAL
TVG
TVG
FARO DE VIGO
FARO DE VIGO

O SIL
O SIL
RADIO GALEGA
RADIO GALEGA
DIARIO DE AROUSA
DIARIO DE AROUSA
CONCELLO PONTEVEDRA
CONCELLO PONTEVEDRA