APEGOTES, BURROS E TRANGALLADAS.
RITOS DE ESCARNIO E MOFA NA TRADICIÓN GALEGA
FORMATO: 160x210 mm. - Nº DE PÁXINAS: 50 - ISSN: 2341-099X - ANO DE PUBLICACIÓN: 2021
Esta publicación que forma parte da "Coleccción de Cadernos da Sociedade Antropolóxica Galega", foi presentada na sede da Federación Castelao de Pontevedra o 21 de decembro de 2021.
Neste traballo falo das mofas e escarnios que se repiten no ciclo anual galego, que vou detallando nunha orde cronolóxica dende o primeiro día de xaneiro ata o fin do ano; parando nas festas de Nadal, Entroido, San Xoán, Santos, Día dos Inocentes e tamén en diferentes rituais de comensalidade como magostos e matanzas, e mesmo de despedida como os velatorios de defuntos. Vanse detallando as diferentes nomenclaturas recollidas aos informantes, utilizando en moitos dos casos o verbatim dos mesmos coa intención que que o texto quede enriquecido.
PRESENTACIÓN DO CADERNO:
No serán do 21 de decembro tivo lugar na cidade de Pontevedra o acto de presentación, que foi dirixido por Rafael Quintía (presidente da Sociedade Antropolóxica Galega), e que compartín ademais coa compañeira Ana Durán Penabad, quen tamén falou do seu caderno adicado ás Torres Arcebispais pontevedresas.
Nesta mesma sesión, tamén era presentado o caderno da autoría de José Luis Cardero, no que fala da morte e do alén.
Nota: as fotos son de Roberto de la Torre.
Tamén foi presentado no marco das X Xornadas sobre o Entroido de Galiza que organiza a Sociedade Antropolóxica Galega. Foi o Venres 11 de marzo de 2022, no Convento de Santa Clara (Pontevedra).
REFERENCIAS NOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN:
O Xornal O Sil, o blogue da SAGA e o da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, foron algúns dos medio que se fixeron eco da presentación dos cadernos.