INVESTIGACIÓNS CARLOS CASARES
A obra de Carlos Casares foime dende sempre de gran influencia, quizais por ter sido profesor na miña vila natal de Viana do Bolo, feito que sempre fixo que as vianesas e vianeses o sentiramos moi de preto. Unha visita como conferenciante que fixo o ilustre escritor ao Instituto de BUP de Viana do Bolo no que eu era alumno, mediada a década dos oitenta, permitiu que o poidera coñecer personalmente e mesmo ter a oportunidade de conversar con el e de que me adicara algúns dos seus libros que, xa daquela, formaban parte da miña biblioteca. A partires de aí, fun lendo todos os libros que conforman a sú blibliografía e investigando sobre o seu paso por Viana do Bolo, logrando reunir fotografías, cartas, documentos e testemuños de varios dos seus alumnos.
TRABALLOS REALIZADOS:
2023: organización do I Gala "Carlos Casares: no camiño das artes", en colaboración coa Fundación Carlos Casares e o Concello de Nigrán. (Podes ver a reseña desta gala aquí).
2022: organización do acto enmarcado dentro da programación "20 anos sen Carlos", en colaboración coa Fundación Carlos Casares e celebrado no IES Carlos Casares de Viana do Bolo, o 9 de xuño de 2022. (Podes ver a reseña desta mesa redonda aquí).
2018: colaboración coa Fundación Carlos Casares sendo o autor do artigo "A primeira estación docente do profesor Carlos Casares", que escribín para a Revista Ferrol Análisis e fala do paso deste ilustre escritor pola vila de Viana do Bolo (que podes visitar aquí).
2018: Co gallo do Día das Letras Galegas adicadas a María Victoria Moreno, publico un artigo no Especial Letras Galegas do Xornal O Sil, no que falo da relación desta autora con Carlos Casares. (Podes velo aquí).
2017: autor do discurso ao que din lectura no acto de Desagravio a Carlos Casares, que tivo lugar o 18 de maio de 2017 no Salón de Plenos de Viana do Bolo (que podes visitar aquí).
2017: audiovisual "Viana na lembranza" realizado a partir dun texto escrito polo autor que me foi cedido polo seu irmán Xabier Casares a través da Fundación Carlos Casares e do fillo do autor Häkan Casares Berg. (Podes ver a información aquí).
2017: Participación na actividade "Unha tapa con Carlos Casares", organizada pola libraría "Libraida" de Gondomar, dando lectura ao texto do autor "Conversas de verán", publicado na sección A Marxe do Tempo da Voz de Galicia o 30 de agosto de 1995.
2017: audiovisual "Unha homenaxe a Carlos Casares" realizado para o Concerto Coral Letras Galegas organizado polo Orfeón Vianés en Viana do Bolo o 27 de maio de 2017. (Podes ver a información aquí).
2013: Cesión de cocumentación para a reportaxe "Carlos Casares: un escritor en Viana do Bolo", publicada polo CEIP Carlos Casares de Vilariño (Nigrán).
DIAPOSITIVA CREADA EN 2018 A PARTIRES DO LIBRO "CARLOS CASARES: HOMENAXE", AGASALLO DE HÄKAN CASARES BERG.