LETRAS GALEGAS 2020


Co gallo da celebración do Día das Letras Galegas 2020 adicado a Ricardo Carvalho Calero, e debido á situación de confinamento derivada da pandemia da COVID-19, o Concello de Viana do Bolo convidounos a cinco escritores e escritoras vianeses a participar nos actos de homenaxe ao citado escritor.

Foi así como cada un de nós enviamos un vídeo á Concellaría de Cultura lendo un poema do autor, os cales foron publicados no facebook do concello entre os días 16 e 20 de maio.

A miña aportación foi a lectura do poema "Muller dormida" (Salterio de Fingoi, 1961), escollendo para a gravación a Ponte das Ánimas de Gondomar, lugar centenario sobre as augas do río Miñor.

Para velo a través do enlace publicado polo xornal O Sil, PREME AQUÍ.


PUBLICACIÓN NO FACEBOOK DO CONCELLO DE VIANA DO BOLO. (Sábado, 16 de maio de 2020).


RESEÑA NO XORNAL "O SIL".  (Sábado, 16 de maio de 2020).