ACTO DE DESAGRAVIO A CARLOS CASARES


 (18 de maio de 2017)

Coincidindo coa celebración das Letras Galegas de 2017 adicadas a Carlos Casares, de forte vinculación con vila de Viana do Bolo xa que foi o seu primeiro destino como mestre, a coorporación municipal decidiu convocar un pleno extraordinario no que desagraviar públicamente ao escritor, xa que moitos anos atrás fora expulsado inxustamente da vila polas autoridades da época.

O grupo de goberno do BNG encargoume redactar e dar lectura a un discurso co que se abriu o acto previo á celebración do pleno, no que fixen un percorrido polo paso de Carlos Casares pola vila e polos motivos que supuxeron o seu despido, afondando en como se foron desenrolando as situacións que remataron co autor lonxe de Viana do Bolo. Ao remate da miña intervención, falou Javier Casares, presidente da fundación e irmán do escritor desagraviado, con que posteriormente compartín unha xornada chea de lembranzas e posta en valor da figura de Carlos Casares.




O DISCURSO: Preme nas miniaturas para expandir e ler o discurso completo.



RESEÑAS EN PRENSA.