I GALA CARLOS CASARES: NO CAMIÑO DAS ARTES


No Auditorio de Nigrán, celebrouse o 29 de abril de 2023 a I Gala "Carlos Casares: no camño das artes", que organicei en colaboración con Fundación Carlos Casares e o Concello de Nigrán. Na mesma tivo lugar a entrega de premios do I Concurso Municipal de Relato Curto "Toribio, unha aventura en Nigrán", que tamén organicei e no que participaron os centros de ensino de primaria deste concello.

Na mesma fun mesturando actuacións de diferentes artistas e formacións musicais, cuxas temáticas estiveron relacionadas co fío condutor da gala que foi Toribio, o personaxe de ficción creado por Carlos Casares na súa literatura infantil. Polo escenario foron pasando a Banda Xuvenil de Agrupación Musical de Vincios, o Mago Teto, Leni Pérez e Roberto Comesaña e O Cegho de Matamá e Aldariña de Candeán, todo baixo a presentación de Marina Sánchez, que foi a encargada de guiar a gala.

O xurado dos premios de relato curto estivo presidido pola escritora ourensá Manuela Vicente Fernández.


Estas que seguen, son algunhas das imaxes que nos deixou a gala que, durante dúas horas fixo pasar un bo serán ao público que enchía o auditorio da localidade.

(Podes amplialas premendo enriba de cada unha delas).



Esta que segue foi a reseña de agradecementos da Fundación Carlos Casares nas súas redes sociais.