XULIA E AS PUPIEIRIÑAS


Este conto que fixemos no nadal de 2015, foi froito da imaxinación do noso fillo Martín.

Todo comezou nun serán de venres de inverno, cando xuntos disfrutabamos do final da semana nunha tapería da localidade na que vivimos. Alí Martín comezou a contarnos unha historia que ía relatando tal e como lle ía chegando a o seu maxín. Falaba de pequenas fadas que habitaban nunha fraga galega, quizais a do Eume, xa que é un lugar ao que especialmente nos gusta ir a disfrutar da natureza e dos encantos que acubilla.

Xa de volta na casa, decidín escribir o que el nos contara, e despois de lerllo a Martín, pensamos que sería boa idea darllo a mami para que ela o ilustrara. Foi así como uns días despois o noso conto xa era unha realidade.

Fixemos unha pequena tirada, sen ánimo de comercialización, xa que o noso desexo era que quedara para a lembranza de Martín e como un recordo que garde para sempre.

 

Nota: o termo e a esencia das "Pupieiriñas" foi recollido nun blogue que atopamos pola rede chamado "leoeosseus", no que falan destas máxicas fadas que poida que non existan ... ou quizais si! 


O CONTO:

Este que segue é o noso conto que deixamos aquí por se alguén quere lerllo aos seus cativos. Agardamos que lles guste ...

(Preme nas imaxes para ampliar).





XULIA E AS PUPIEIRIÑAS NO COLE DE MARTÍN:

Unha vez que tivemos os exemplares, Martín levou un deles de agasallo para a biblioteca do seu cole CEIP Serra Vincios (Vincios-Gondomar). Foi así como coa axuda da nosa benquerida amiga Mar García, membra da asociación Espazo Lectura, organizamos unha sesión de contacontos para o alumnado.

Engadimos aquí unhas das imaxes daquela xornada, así como a referencia que escribiron no blogue do centro.

(Preme nas imaxes para ampliar).



XULIA E AS PUPIEIRIÑAS NO "CONTOMAR":

Foi pasando o tempo e o 19 de decembro de 2016 participamos co noso conto nunha das sesións do "Contomar", actividade de animación á lectura que organiza na bilbioteca municipal de Gondomar a asociación "Espazo Lectura". Foi u nha fermosa experiencia na que demos a coñecer o noso conto a tódolos cativos e cativas desta vila do Val Miñor.

Engadimos algunhas das fotos daquel día. (Preme nelas para ampliar).