CURRÍCULO


Nome: Carlos Xabier Ares Pérez

Categoría: Escritor e Investigador Social. Antropoloxía Social e Cultural

Data de Nacemento: 1 de septembro de 1971

Lugar de Nacemento: Viana do Bolo (Ourense)

ISNI: 0000 0004 3661 3546

 

CURRICULUM:

Diplomado en Graduado Social pola Universidade de Santiago de Compostela con Postgrao en “Práctica Laboral” e Curso de Adaptación Pedagóxica (C.A.P.) realizado no Instituto de Ciencias da Educación de Santiago de Compostela; ao que se engaden varios cursos, xornadas, conferencias e congresos.

Estudante do Grao en Antropoloxía Social e Cultural pola UNED, e formado en Antropoloxía Social e Cultural, Etnografía, Patrimonio Inmaterial e Etnoarqueoloxía, mediante a realización dos cursos:

  • O Entroido galego: entre a tradição e a modernidade. Universidade do Estado do Río de Janeiro. Centro de Educação e Humanidades (2021).
  • Curso de Antropología social y cultural de Galicia: etnografía, patrimonio inmaterial y etnoarquelogía. Un viaxe antropológico por la cultura y sociedad tradicional galega. UNED Pontevedra (2018).
  • Mitología, creencias, rituales y manifestaciones festivas de la cultura tradicional gallega. Un acercamiento antropológico al patrimonio inmaterial de Galicia. UNED Pontevedra (2017).

Membro da Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA) (área de etnografía), do Padroado da Fundación Carlos Casares e do Movemento Cultural Ourensán "Nós, a Xente do Redor". 

Estudoso e divulgador da historia, do patrimonio e da cultura de Galicia, centrando o meu traballo de investigación na etnografía, con especial referencia ao entroido e ás tradicións de patrimonio inmaterial. Neste eido publico traballos en anuarios e revistas especializadas como Revista Entroido en Galicia, Anuario de Historia e Antropoloxía de Galicia Fol de Veleno, Ferrol Análisis, Mazarelos, Saudade, Cadernos da SAGA, Xurdimento, Lúa Nova, Romaría Etnográfica Raigame e Nós a Xente do Redor. Colaborador do Xornal O Sil. 

Gañador do XXIII Premio Vicente Risco de Ciencias Sociais (2019) coa monografía Festividades de Inverno da provincia de Ourense. Máscaras, personaxes e rituais. Autor do libro Ilustres, do caderno Apegotes, burros en trangalladas. Ritos de escarnio e mofa na tradición galega e coautor de Achegas ao Patrimonio Inmaterial Galego. Condecorado coa Androlla de Ouro polo Concello de Viana do Bolo, en recoñecemento pola posta en valor do entroido local.

 

Acreditado como Personal Investigador Social (2000) polo Gabinete Técnico da Dirección Xeral de Institucións do Ministerio do Interior para a realización de proxectos de investigación social.

Membro da xunta directiva da Agrupación Musical de Vincios, da que ademais formo parte como clarinetista.

Durante a época universitaria representante de alumnos na facultade e como tal membro da Xunta de Escola e tamén das súas comisións delegadas “Permanente”, “Docencia” e “Selección de profesorado”.

Membro das asociacións universitarias de alumnos AUGE (Asociación Universitaria Galega de Estudiantes) co cargo de Secretario do Consello Consultivo e AXUES (Asociación Xuvenil Universitaria de Estudios Sociais) co cargo de coordinador de Campus.

Organizador do Concurso Xurídico "Ti tes a palabra" en colaboración coa dirección da Escola Universitaria de Relacións Laborais da U.S.C. (1997) e de diferentes cursos e conferencias dirixidas ao colectivo de estudiantes da U.S.C.

Membro do Corpo de Voluntariado Especial da U.S.C. sendo guía nas exposicións do V Centenario “Gallaecia Fulget”, “A muller na universidade” e “Códices americanos” (1995) e desenrolando programas de axuda social como o denominado “Sensibilización para o apadriñamento de nenos do Terceiro Mundo”.

Membro fundador da Asociación Nacional de Alumnos e Ex-alumnos de Graduado Social e Relacións Laborais (Valencia 1996), sendo un dos redactores dos estatutos de constitución da mesma.

Nesta época fundo a revista “O Estatuto” publicada na Escola Universitaria de Graduados Sociais da U.S.C., son membro do consello de redación e escribo as editoriais do BIAS (Boletín de Información das Asociacións da Universidade Compostelana) e redacto guías de información publicadas pola U.S.C.

Membro-fundador da Asociación Cultural “A Nosa Bisbarra” de Viana do Bolo (1997) e autor dos Estatutos de Constitución da Asociación Orfeón Vianés (2000).

Presidente da ANPA Santa Mariña do CEIP Serra Vincios (Gondomar) e membro de Consello Escolar do mesmo centro de ensino durante os cursos 2015/16 e 2016/17.

 

PREMIOS:

  • Gañador do XXIII Premio Vicente Risco de Ciencias Sociais. Marzo, 2019.
  • 2º Premio do Concurso Literario de Relatos do Mercado Medieval de Veigamuiños. Xullo, 2015.
  • 1º Premio do Concurso de Relato Curto organizado por Asociacións Universitarias da U.S.C. Curso 1996/1997.

OBRAS REALIZADAS:

1. Espectáculos:

  • Organización da II Gala "Carlos Casares, no camiño das artes", celebrada no Auditorio Municipal de Nigrán o 27 de abril de 2024.
  • Organización da I Gala "Carlos Casares, no camiño das artes", celebrada no Auditorio Municipal de Nigrán o 29 de abril de 2023. 
  • Sentindo a Manuel María”, oito poemas musicados e interpretados por Luis Correa co son da súa zanfona, precedidos cada un deles da miña introdución didáctica; un tecido co que achegar ao público a figura do autor e o significado das súas composicións. Letras Galegas 2016.

2. Estudos e Proxectos:

  • Exploración etno-histórica do entroido de A Veiga”. Estudo para o concello de A Veiga, redactado en colaboración coa Universidade de Vigo. Febreiro, 2019.
  • Descubrindo Viana do Bolo: Un paseo pola historia da vila”. Proxecto para o percorrido do casco antigo de Viana do Bolo, deseñado para os actos de celebración do XXX Aniversario do Centro Sociocomunitario de Viana do Bolo. Outubro, 2019.

3. Escrita:

  • "Yosso, un cisne ourensán nas terras de O Bolo". Artigo na revista "Nós, a xente do redor" (nº15). Ourense, xullo 2024.
  • "O abril ourensán: enganos, abellas, foguetes e rescritos". Artigo na revista "Nós, a xente do redor" (nº14). Ourense, abril 2024.
  • "O Santuario das Ermitas: a Virxe da cova, o barco do almirante e a estoupa do Xudas". Artigo na revista Xurdimento que edita o Centro Galego de Lleida. Febreiro 2024.
  • "Mitoloxías e rituais do Nadal ourensán". Artigo na revista "Nós, a xente do redor" (nº13). Ourense, febreiro 2024.
  • "O animalario do entroido galego. Mito e tradición". Libro publicado coa editorial AB Origine. Pontevedra, xaneiro 2024.
  • "A festa dos galos como precursora das carrozas do entroido de Viana do Bolo". Artigo publicado na revista Entroido en Galicia (2024).
  • "A illa de Cortegada: entre a lenda de Olaf e o arrecendo dos loureiros". Artigo na Revista Lúa Nova que edita a Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro de Cornellá de LLobregat. Xaneiro 2024.
  • "A festa do burro: un entroido en tempos de nadal". Especial Nadal do xornal O Sil. Decembro 2023.
  • "Enmascarados, ánimas e castañas no San Martiño ourensán". Artigo na revista "Nós, a xente do redor" (nº12). Ourense, novembro 2023.
  • "O poder e a tradición do santoral no agosto ourensán". Artigo na revista "Nós, a xente do redor" (nº11). Ourense, setembro, 2023.
  • "A moura do Valdoarno e a Romaría do Pai Eterno". Artigo no xornal O Sil. Xullo, 2023.
  • "Os ejemplos: tradición de primavera na aldea de Carzoá". Artigo na revista "Nós, a xente do redor" (nº10). O Porriño, maio 2023. 
  • "Tesouros, pestes e bautizos clandestinos na Illa de Tambo". Artigo na Revista "Lúa Nova" que edita a Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro de Cornellá de Llobregat. Xaneiro 2023.
  • "Stella Maris: emoción, devoción e ritualidade no mar do Grove". Artigo na Revista "Xurdimento" que edita o Centro Galego de Lleida. Febreiro 2023.
  • "O Carácter de ausencia da Máscara de Buxán". Artigo publicado na Revista "Entroido en Galicia" (2023).
  • "O Boi como presenza do sol no inverno ourensán". Artigo na revista "Nós, a xente do redor" (nº9). Ourense, xaneiro 2023.
  • "O final do ano como simboloxía do final da vida". Especial de Nadal do xornal O Sil. Decembro 2022. 
  • "Os xigantes da mitoloxía ourensá". Artigo na revista "Nós, a xente do redor" (nº8). Ourense, outubro, 2022.
  • "A lenda dos teares de ouro de Caldesiños e da pastora que peiteaba ás mouras". Artigo no xornal O Sil. Agosto, 2022.
  • "O home de Prada: un mito do medo nas terras de Trevinca". Artigo na revista "Nós, a xente do Redor" (nº7). Ourense, xullo 2022.
  • "A tradición do liño na aldea de Baños (A Veiga)". Artigo na revista "Lúa Nova" que edita a Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro de Cornellá de LLobregat. Xaneiro 2022.
  • "A Estrada: cultura, tradicións e riquezas patrimoniais". Artigo na revista "Xurdimento" que edita o Centro Galego de Lleida. Febreiro 2022.
  • "A reboleira dos compadres: un xeito de cortexo en tempos de entroido". Artigo publicado na Revista "Entroido en Galicia" (2022).
  • "O Bispiño da catedral de Ourense: un San Nicolás galego". Especial de Nadal do xornal O Sil. Decembro 2021.
  • "Apegotes, burros e trangalladas. Ritos de escarnio e mofa na tradición galega". Colección de Cadernos da Sociedade Antropolóxica Galega. Pontevedra. Decembro 2021.
  • "As covas do Monte Galiñeiro. Interpretación do Patrimonio Inmaterial". Artigo en Mazarelos, revista de historia e cultura. Outubro 2021.
  • As pegadas do Apóstolo nas Terras de Viana do Bolo”. Artigo no xornal O Sil. Xullo 2021.
  • A maxia da lúa na tradición galega”. Artigo na revista “Lúa Nova” que edita a Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro, de Cornellá de Llobregat. Xaneiro 2021.
  • A Fonte do Gaiteiro: o recuncho da moura na Illa de Ons”. Artigo na revista "Xurdimento" que edita o Centro Galego de Lleida. Febreiro 2021.
  • O entrudo do Brasil colonial e império: analoxías co entroido ourensán”. Artigo publicado na revista “Entroidos de Galicia” (2021).
  • O pote de Nadal: cociñando no ventre materno”. Artigo no Especial de Nadal do xornal O Sil. 2020.
  • Príncipes e princesas: a monarquia do entroido de A Veiga” Artigo publicado na revista “Entroidos de Galicia” (2020).
  •  “A Santa Lucía e a Bruxa Lussi como preludios do Nadal”. Artigo no Especial de Nadal do xornal O Sil. 2019.
  • Música da terra”. Texto de presentación, incluído no libreto do CD do grupo de música tradicional galega Os Escaravellos. Setembro, 2019.
  • Na boca cantos de arrolar”. Sección musical A Ráfaga. O Sil. Setembro 2019.
  •  “As uvas de San Roque: crenza, simboloxía e tradición”. O Sil. Agosto 2019.
  • "A Feira de Viana do Bolo" para a exposición "As Feiras de Ourense" da Romaría Etnográfica "Raigame". Vilanova dos Infantes, maio 2019.
  • Letras Galegas 2019: un tributo á galeguidade dende o rural”. Artigo no Especial das Letras Galegas do xornal O Sil. Maio 2019.
  • Nieves Fernández Vidueira: a poetisa da natureza”. Discurso na presentación do libro Retrincos do meu ser. Viana do Bolo. Abril, 2019.
  • Cantos de entroido do oriente ourensán”. Caderno de Campo 2019 (Boletín Informativo da Sociedade Antropolóxica Galega). Pontevedra. Marzo, 2019.
  • O entroido: significados e significantes Artigo publicado na revista “Entroidos de Galicia” (2019).
  •  “A primeira estación docente do profesor Carlos Casares”. Artigo na revista Ferrol Análisis publicada polo Clube de Prensa de Ferrol. Marzo, 2019.
  • A Festa da Pita: conciencia social no ciclo de Entroido Artigo publicado na revista “Entroidos de Galicia” (2018).
  •  “Etapas da Festa do Nadal Galego (IV): Rituais de Reis”. Artigo no Especial de Nadal do xornal O Sil. 2018.
  • A romaría de Pixeiros: entre a lenda do peregrino e o mito da moura”. O Sil. Xuño, 2018.
  • Os rituais da morte nas terras de Viana do Bolo”. Artigo no libro “Achegas ao patrimonio inmaterial galego” publicado polo Sociedade Antropolóxica Galega. Pontevedra, xuño 2018.
  • Ensino e letras: nexos de unión entre os dous últimos homenaxeados”. Artigo no Especial das Letras Galegas do xornal O Sil. Maio 2018.
  • Etapas da Festa do Nadal Galego (III): Fin de Ano e Aninovo”. Artigo no Especial de Nadal do xornal O Sil. 2017.
  • Discurso presentado ante o Pleno do Concello de Viana do Bolo no acto de desagravio ao profesor Carlos Casares. Viana do Bolo, 18 de maio de 2017.
  • Folión Alternativo: Entroido en estado puro Artigo publicado na revista “Entroidos de Galicia” (2017).
  •  “Etapas da Festa do Nadal Galego (II). Día de Nadal e Santos Inocentes”. Artigo no Especial de Nadal do xornal O Sil. 2016.
  • Choiva”. Microrrelato presentado no “Certame de Microrrelatos” organizado por Feiraco co gallo do Día das Letras Galegas 2016.
  • Plano-Guía Turismo Viana do Bolo”. Presentado en Viana do Bolo o 23 de marzo de 2016.
  • A serra do Galiñeiro: un berce de lendas no corazón do Val Miñor”. Artigo na revista "Xurdimento" que edita o Centro Galego de Lleida. Febreiro 2016.
  • O Boteiro: unha máscara en perigo de extinción Artigo publicado na revista “Entroidos de Galicia” (2016).
  •  Máscaras e personaxes do Entroido Ourensán”. Recompilación de 135 mascaradas de 62 localidades ourensanas publicada no especial Entroido de Galicia de O Sil 2016.
  • Xulia e as Pupieiriñas”. Conto infantil escrito a partir dunha idea de Martín Ares Novas, ilustrado con debuxos de Lisi Novas. Decembro 2015.
  • Festas do Nadal galego (I). A Noiteboa”. Artigo no Especial de Nadal do xornal O Sil. 2015.
  • Programa didáctico “O Apalpador e as Pupieiriñas” para a ANPA Santamariña do CEIP Serra Vincios (Vincios-Gondomar-Pontevedra). Decembro 2015.
  • Carlos Paz: a recuperación da historia galega polo camiño da arquitectura”. Artigo na revista “Saudade” que publica a Asociación Cultural Galega Saudade de Barcelona. Outubro 2015.
  • Una estrella y un camino”. Relato Breve presentado no concurso “Una historia en el camino” organizado en agosto de 2015 pola Asociación Cultural Padre Serapio de Bercianos del Real Camino (León).
  • María, a nena que foi cinsenta”. 2º Premio do Concurso Literario de Relatos do Mercado Medieval de Veigamuiños. Xullo de 2015.
  • Entroido na terra da chispa: o poder da tradición Artigo publicado na revista “Entroidos de Galicia” (2015).
  •  “Superticións, crenzas e mitoloxías na sociedade galega. As súas influencias no devir cotián da comunidade”. Artigo de colaboración (ilustrado con carbonciños de Lisi Novas) publicado no Anuario de Historia e Antropoloxía de Galiza “Fol de Veleno” (2015) que edita a Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA).
  • Un bombo, unha maza… unha ilusión Artigo publicado na revista “Entroidos de Galicia” (2014). 
  • Libro “Ilustres” (2014) sobre a historia local e biografías de destacados personaxes vianeses, cedendo todas as donacións recadadadas ao proxecto educativo de cooperación “Escuelas de la Tierra”, grazas ao que varios alumnos da U.E. Timoteo Rondales da localidade boliviana de Bermejo recibiron becas coas que poder continuar os seus estudos na universidade.
  • Un Entroido rociado de lume Artigo publicado na revista “Entroidos de Galicia” (2013).
  • Reportaxe “Carlos Casares: un profesor en Viana do Bolo”, publicado polo CEIP Carlos Casares de Vilariño (Nigrán) en 2013.
  • Viana Asturias: mascaradas compartidas”. Artigo publicado na revista “Entroidos de Galicia” (2012).
  •  “Vente logo Maruxiña que imos correr o Entroido”. Artigo publicado na revista “Entroidos de Galicia” (2011).
  • Discurso de agradecemento en representación dos galardoados coa Androlla de Oro de Viana do Bolo en 2010.
  • Discurso conmemorativo do Acto do 15 Aniversario da derradeira promoción de Graduados Sociais da U.S.C. celebrado en 2010 no Café Casino de Santiago de Compostela.
  • Entroido de Viana do Bolo: Personaxes e Gastronomía”, publicado en 2011 pola Asociación de Folións Rurais. Autor dos textos ilustrados con carbonciños da artista Mª Luz Pérez Pérez.
  • Textos do tríptico de promoción turística editado en 2007 polo Concello de Viana do Bolo e a Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible.
  • Coautor do xogo de mesa “Bibali” (2000) de contidos históricos e socioculturais de Viana do Bolo.
  • Na reflexión do Entroido” e “De como fun á feira e do que nela me aconteceu”; artigos publicados na Revista A Nosa Bisbarra de Viana do Bolo (1997 y 1998).
  • Lembranzas de pedra”. Primeiro Premio do Concurso de Relato Curto organizado por asociacións universitarias da U.S.C. en 1997.
  • Guías de Información “Técnicas de inserción laboral” e “A Prestación Social Sustitutoria na Universidade” publicadas pola Universidade de Santiago de Compostela en 1996.
  • Artigos nas revistas universitarias “BIAS”, “Mic Mic Coiote News” e “O Estatuto”.
  • Cartelería e programas dos actos organizados polo Orfeón Vianés.
  • Cartelería, pegatinas e pancarta do Folión Alternativo de Viana do Bolo.

4. Audiovisual:

  • San Campio de Lonxe: o soldado sandador. Agosto 2023.
  • A festa do Carme nas augas do Grove. Xullo 2023.
  • Domingo de Ramos: un ritual de protección no Santuario das Ermitas. Abril 2023.
  • Os Lardeiros de Vilarmeao contados dende a nostalxia. Febreiro 2023.
  • A Comparsa (Solveira, 18-02-23): Brindes e Disputa. Febreiro 2023.
  • Fuliada Placín: Permiso, Ronda de Fulión e Disputa. Febreiro 2023.
  • A Comparsa no Entroido de Viana do Bolo. 2022. Marzo 2022.
  • Personaxes do Entroido na provincia de Ourense. Febreiro,2022.
  • Exploración Etno-Histórica do Entroido da Veiga. Febreiro 2018.
  • Cantos de Entroido na Fronteira Ourense/Zamora. Febreiro 2018.
  • Carlos Casares. Viana, na lembranza. Setembro 2017.
  • Vídeo "Unha homenaxe a Carlos Casares", para o Orfeón Vianés no seu Festival das Letras Galegas. Maio 2017.
  • Video-montaxe de presentación para o II Desfile de Moda Solidario. (Viana do Bolo, decembro 2016).
  • A Cantiga do Apalpador”. Vídeo-montaxe para o CEIP Carlos Casares de Vilariño (Nigrán-Pontevedra). Decembro 2016.
  • Video-montaxe de presentación para o I Desfile de Moda Solidario. (Viana do Bolo, decembro 2015).
  • 25 Aniversario Asociación Mulleres Rurais de Viana do Bolo”. Vídeo-montaxe presentado nos actos oficiais deste aniversario. (Viana do Bolo, marzo 2015).
  • Reportaxes “A fábrica da luz: Viana do Bolo 1908”, “Viana do Bolo 1858: Unha vaixela para unha raíña”, “O Pilón, un monumento aos heroes caídos”, “Praza Maior”, “Maquis nas terras de Viana do Bolo” e “Un reloxo para unha vila”.
  • La historia olvidada de Viana do Bolo” (coautor ). 2014.
  • Vídeos-presentación do Acto de Entrega da Androlla de Oro (2009, 2010 e 2011).
  • Vídeo-montaxe para a clausura do Ciclo “Viño e Poesía” de Lugo Patrimonio. (2009).
  • Vídeo-montaxe promocional “Viana do Bolo, motivos para sorprenderte” presentado na Feria Internacional de Turismo de Interior “INTUR” celebrada en Valladolid en 2008.
  • Documentais “Surgió un lago”, “Cartas desde Viana”, “Recunchos” e “Viaxando no tempo” (coautor ), presentados na Feira de Mostras de Viana do Bolo en 2008.

5. Ponencias:

  • O jogo do entrudo no Brasil colonial: semellanzas co entroido ourensán”. Ponencia impartida nas “IX Xornadas sobre o Entroido de Galiza”, organizadas pola Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA). Febreiro de 2021.
  • Cantos, contos, romances e refráns da tradición oral de Viana do Bolo”. Ponencia impartida dentro do programa de actos das Letras Galegas 2019 organizados polo Concello de Viana do Bolo, acompañado polo grupo de música tradicional “Os Escaravellos”, coa musicalización dun canto de entroido recollido nun estudo anteriormente realizado. Casa da Cultura de Viana do Bolo, maio 2019.
  • Evolución histórica do ciclo de Entroido en Viana do Bolo”. Ponencia impartida no Instituto Camões de Vigo, dentro do ciclo de conferencias de entroido organizadas pola Asociación Etnográfica A Merdeira e a Asociación Veciñal e Cultural Casco Vello de Vigo. Vigo, xaneiro de 2018.
  • Contacontos: participación no “Contomar”, que organiza Espazo Lectura, lendo “Xulia e as Pupieiriñas” e falando dos seres mitolóxicos propios do Valmiñor. Gondomar, decembro de 2016.
  • Máscaras e personaxes do Entroido ourensán”. Ponencia impartida nas “IV Xornadas sobre o Entroido de Galiza”, organizadas pola Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA). Pontevedra, febreiro de 2016.
  • Viana do Bolo: cen anos de entroido”. Ponencia presentada nas “III Xornadas sobre o Entroido de Galiza”, organizadas pola Sociedade Antropolóxica Galega (SAGA). Pontevedra, febreiro de 2015.
  • El entroido de Viana do Bolo”. Ponencia presentada nas “IV Xornaes de Mazcaraes d´Iviernu” celebrada en 2011 en Valdesoto (Pola de Siero – Asturias).
  • 100 anos de Entroido: Personaxes e Gastronomía”. Ponencia presentada no IES Carlos Casares de Viana do Bolo en febreiro de 2011.
  • Segundo Ciclo de Relacións Laborais: xustificación e desenrolo”. Charla-coloquio presentada en 1996 xunto a Luisa Novas na Escola Universitaria de Relacións Laborais da U.S.C.
  • Segundo Ciclo de Relacións Laborais” (membro do equipo nacional de redacción de dita ponencia).

6. Outros:

  • Creador do logotipo corporativo da ANPA Santa Mariña do CEIP Serra Vincios (Gondomar). Outubro 2015.

OUTROS DATOS DE INTERESE:

1. Condecoracións: Androlla de Ouro 2010 (distinción que concede o Concello de Viana do Bolo), en recoñecemento á promoción do entroido vianés.

 

2. Investigación Social:

  • Membro do proxecto de investigación “Delincuencia Femenina. A súa produción e enxuizamento” realizado para o Departamento de Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía da Facultade de Psicoloxía da U.S.C., sobre o estudo do colectivo de mulleres reclusas de Galiza, levado a cabo nos Centros Penitenciarios galegos. (2001).
  • Coordinador do proxecto de investigación “Drogodependencia en Galiza” realizado pola empresa Alfa Xestión Cultural de Santiago de Compostela, no ano 2002.

3. Acción social: “O termómetro da solidariedade”, programa desenrolado en centros de ensino para o apadriñamento de nenos desfavorecidos.  Santiago de Compostela, 1996.

 

4. Música:

  • Clarinete na Escola de Música de Vincios (Gondomar – Pontevedra).
  • Gaiteiro do grupo de música tradicional “Aires de Santes” e da Rondalla “Monte Galiñeiro” do Centro Cultural de Vincios (Gondomar).
  • Gaiteiro do grupo de música tradicional “Os Chavalines” de Viana do Bolo.
  • Cantares tradicionais das terras de Viana do Bolo”, estudo realizado en 1995.

5. Radio: participacións nos programas “Lonxe da Terra” (Radio Teletaxi) e “Sempre en Galicia” (Radio Cornellá), que dende Barcelona e Cornellá de Llobregat se emiten para a emigración galega en Cataluña. Participacións en Radiovoz (Santiago de Compostela) en debates e programas de actualidade universitaria.

Participación no programa "Os Contrabandistas" da Radio Metropolitana de Oporto. (2020 e 2021).

Participación no programa "Gotas de galego" da Radio Pessoas de Rio de Janeiro. (2021).

 

6. Televisión: colaboración coa TVG no especial de Entroido de 2013 aportando información sobre a historia e elementos socioculturais desta festa no oriente ourensán.

 

7. Congresos: I Congreso Provincial de Cooperativas (A Coruña), II Congreso Nacional de Estudiantes de Dereito do Traballo, Seguridade Social e Estudos Socio-Laborais, (Santiago de Compostela), II Congreso Español de Ciencia Política e da Administración "Democracia e Administración", (Santiago de Compostela) e XXXI Congreso Estatal de Estudiantes de Relacións Laborais/Graduado Social (Valencia).

 

8. Cursos: Prevención de Riscos Laborais, Especialización en Práctica Laboral e Procesal, Xestión de Recursos Humáns, Xestión Tributaria, Clonación e Modificación Xenética, Seguridade Social, Linguaxe Audiovisual, Protocolo, Desenrolo Sostenible, Contratación Laboral e Fomento de Emprego, Economía Social e Cooperativismo, Actualidade Xurídica e Debate Social, Reforma Laboral, Constitución e Estado das Autonomías, Transición Política e Perfeccionamento de Lingua Galega.