ENTREVISTAS NA RADIO
Son varias as miñas aparicións neste medio, ás veces como entrevistado e outras como colaborador.
Durante a etapa de universidade participei nas tertulias que para falar da actualidade universitaria emitía Radio Voz Compostela. Nesta época, e sempre coa temática da universidade de fondo, tiven tamén a ocasión de falar en programas doutras emisoras como a Radio Galega.
Tamén teño participado nos programas da emigración galega en Cataluña "Lonxe da Terra" (Radio Teletaxi Barcelona) dirixido por Manolo Valdés e "Sempre en Galicia" (Radio Cornellá) dirixido por Xulio Couxil, así como na Radio Metropolitana de Oporto.
A continuación detallo algunhas destas aparicións na radio.
DIARIO CULTURAL (RADIO GALEGA) - 13-02-2024
Programa da Radio Galega no que fun entrevistado por Ana Romaní, para falar dos rituais do entroido.
"CONEXÃO BRASIL-GALIZA" (RÁDIO NAVARRO) - 05-03-2022
Programa emitido por esta canle dende o estado de São Paulo, no que ao longo dunha hora conversamos sobre as analoxías dos entroidos galegos e brasileiros.
"GOTAS DE GALEGO" (RADIO PESSOAS) - 31-12-2021
Foi o derradeiro programa de 2021, que a Radio Pessoas (Coímbra) emitiu o 31 de decembro deste ano.
Unha conversa cos presentadores Nilce Costa e Christian Salles na que falamos do meu libro "Apegotes, burros e trangalladas. Ritos de escarnio e mofa na tradición galega", abordando tamén outros temas como a importancia de que o galego sexa falado moito máis aló da nosa terra.
Preme enriba da imaxe para escoitar a entrevista.
"GOTAS DE GALEGO" (RADIO PESSOAS) - 13-10-2021
Foi unha amena conversa desenrolada na mañá do 13 de outubro de 2021 xunto a Christian Salles, presentador do programa “Gotas de Galego”, que a Radio Pessoas emite dende Río de Janeiro. Unha comunicación transoceánica na que tamén tiven a oportunidade de escoller a música que sonou durante a mesma. Foron as voces de Cristina Fernández, María do Ceo, Sés, Mercedes Peón, e as boas vibracións que sempre transmite o Sonoro Maxín.
Gotas de Galego é un programa que propón unha reflexión das realidades sociolingüísticas, históricas, literarias e culturais da Galiza, no contexto do mundo lusófono para o que se emite de luns a venres nos seguintes horarios:
- 06h Brasil.
- 08h Cabo Verde.
- 09h Guiné Bissau e São Tomé e Príncipe.
- 10h Angola e Portugal.
- 11h Galiza e Moçambique.
- 18h Timor Leste.
Podes escoitar a entrevista premendo AQUÍ, ou na imaxe que segue a continuación.
"SEMPRE EN GALICIA" (RADIO CORNELLÁ) - 13-02-2021
Na tarde do sábado 13 de febreiro de 2021, fun convidado a participar no programa "Sempre en Galicia" que presentan Xulio Couxil e Armando Fernández dende Radio Cornellá.
Compartín grella coa Doutora en Bioquímica Sarela García Santamarina, onde conversamos sobre temas do seu campo de traballo relacionado con medicina.
Posteriormente abordamos algúns dos meus traballos de entroido en relación ás datas nas que foi realizado este programa, e tamén a miña participación na Revista Xurdimento que edita o Centro Galego de LLeida, onde colaborei cun artigo sobre unha das mitoloxías da Illa de Ons. Esta parte da entrevista foi compartida co responsable da edición da revista, Juan Rodríguez.
E para rematar compartín conversa Xulio Simón e Fernando Follana, participando nas crónicas que en cada programa fan dende as Rías Baixas e os Ancares, respectivamente.
Podes escoitar o programa premendo na imaxe de aquí debaixo:
Algúns dos intres da gravación:
RADIO METROPOLITANA (OPORTO) - 10-02-2021
No Entroido de 2021 participo nun programa especial emitido o 10 de febreiro de 2021 (ás 19:00 horas) na Radio Metropolitana de Oporto no programa “Os Contrabandistas” que presentan Nilce Costa e Christian Salles.
Xunto a Patrícia Cordeiro, abordamos as celebracións, rituais, e elementos etnográficos desta festa en Portugal e Galiza. Falamos tamén das diferentes máscaras e os seus significados.
Dúas horas de radio e música de entroido e tradicións, nun programa emitido para Brasil 15:00 horas, Portugal 18:00 horas e Galiza 19:00 horas.
Podes escoitar o programa premendo sobre as imaxes de aquí debaixo:
O programa foi publicitado días antes con estos dous carteis:
Imaxe da gravación dixital do programa:
O 22 de marzo de 2021 "Grandes Vozes do Nosso Mundo", web que acubilla importantes documentos radiofónicos relacionados coa cultura e a lusofonía, fíxose eco deste programa especial de entroido, e o engade ao seu rexistro.
Define o programa como “uma palestra sobre o Entrudo Galaico-português, também conhecido como entroido, entruido ou antroido.
Histórias, comparações, rituais, costumes, curiosidades. São os trabalhos essenciais que estes premiados pesquisadores estão fazendo para o resgate, a preservação e o reconhecimento de uma das tradições mais importantes da Galiza e Norte de Portugal”.
Podes acceder ao contido da publicación premendo AQUÍ.
RADIO METROPOLITANA (OPORTO) - 16-09-2020
O 16 de setembro de 2020, ás 19:00 horas, a Radio Metropolitana de Oporto no seu programa “Os Contrabandistas” adica un dos seus monográficos á miña obra e ás miñas investigacións. Foi nunha entrevista dunha hora de duración guiada por Nilce Costa que falaba dende Oporto e Christian Salles dende Rio de Janeiro. O programa foi emitido para Portugal, Brasil e Galiza.
Esta mesma entrevista voltou a ser emitida na Rádio Internacional Lusófona o 25 de setembro de 2020 ás 00:00 horas, dentro do programa “Raízes da Língua”, para Chile, Venezuela, Brasil, Argentina, Uruguai, Cabo Verde, São Tomé e Príncipe, Portugal, Angola, Moçambique, Macau, Timor-Leste e Galiza.
Para escoitar o programa preme AQUÍ.
O programa foi tamén publicado en "GRANDES VOZES DO NOSSO MUNDO".
Podes acceder a esta web e ao contido da entrevista premendo AQUÍ.
COPE VALDEORRAS - 14-03-2019
Nos estudios de O Barco de Valdeorras, fun entrevistado pola locutora Ainhoa Carracedo para falar dos meus traballos sobre o entroido en xeral, e da miña obra galardonada co Premio Vicente Risco de Ciencias Sociais en particular.
RADIO GALEGA - 04-03-2019
No Luns de Entroido de 2019, o programa "A Tarde" da Radio Galega, me fixo unha entrevista para falar do traballo de recuperación etno-histórica que desenrolei no Concello de A Veiga formando parte dun equipo de investigación da Universidade de Vigo.
COPE VALDEORRAS - 25-02-2019
Entrevista nesta cadea de radio con sede no Barco de Valdeorras, falando do traballo desenrolado para a recuperación do entroido de A Veiga.
RADIO TELETAXI (BARCELONA) - 24-10-2010
No programa "Lonxe da Terra" presentado por Manolo Valdés, no que tiven a ocasión de participar en diferentes ocasións, compartín conversa co propio presentador e co seu colaborador Manoel Carrete para falar da figura do ilustre vianés, D. Tiberio Ávila.
Engado aquí a miña intervención (separada en tres cortes).
RADIO CORNELLÁ
Son varias as miñas intervencións no programa "Sempre en Galicia" que para a emigración galega en Cataluña presenta e dirixe Xulio Couxil. Nelas falamos das miñas publicacións, tradicións, entroido e de Viana do Bolo.
RADIO CORNELLÁ - 06-02-2010
Intervención no programa "Sempre en Galicia", por ser condecorado coa Androlla de Ouro 2010, que concede o Concello de Viana do Bolo.