EXPLORACIÓN ETNO-HISTÓRICA DO ENTROIDO DE A VEIGA


No outono de 2018 comezou a miña participación neste proxecto que o Concello de A Veiga puxo en mans da Universidade de Vigo, formando equipo coa antropóloga Fátima Braña Rey e o xestor cultural Lois Pardo.

Xuntos fixemos un traballo de campo co que recuperamos as caracetrísticas, axentes e costumes da celebración da festa do entroido neste concello ourensán.

Froito desta exploración presentamos as conclusións nun informe de 70 páxinas asinado por Fátima Braña e eu mesmo, para posteriormente amosar as conclusións nun acto público celebrado na Sala de Conferencias "O Toural" de A Veiga o 23 de febreiro de 2018, acompañados polo alcalde da vila e a presidenta da Asociación "O Son de Trevinca", no que tamén se proxectou un vídeo da miña autoría, no que se recollen imaxes e voces dos diferentes informantes que durante o proceso fomos entrevistando.



RESEÑAS EN PRENSA. (Preme nas imaxes para ampliar).