A FÁBRICA DA LUZ
2012 - 05:49 MINUTOS
Cando no ano 2012 a seca baleirou o encoro do Bao que baña as terras de Viana do Bolo, deixou ás vistas o que foi a antiga central hidroléctrica que suminsitrou electricidade por primeira vez á vila.
Aproveitando a ocasión, fixen unha reportaxe fotográfica desta vella construcción, que acompañei co texto da súa historia, para convertelo neste pequeno documental no que se narra todo o relacionado con este feito e o que supuxo para a sociedade vianesa da época.