FESTIVIDADES DE INVERNO NA PROVINCIA DE OURENSE:
MÁSCARAS, PERSONAXES E RITUAIS
OBRA GAÑADORA DO XXIII PREMIO "VICENTE RISCO" DE CIENCIAS SOCIAIS
FORMATO: 153x230 mm. - Nº DE PÁXINAS: 260 - ISBN: 9788412103908 - ANO DE PUBLICACIÓN: 2019
Neste estudo froito dun amplo traballo de investigación etnográfica, o autor achega as realidades e a importancia que para a poboación supoñen as festas e rituais que na provincia de Ourense se desenrolan durante o período da invernía. Situacións que contan cun forte arraigo e se asentan nunha tradición transmitida de xeración en xeración, resultando ser un dos grandes tesouros que garda o excelso patrimonio inmaterial galego.
Fundamentado nun arduo traballo de campo, no que aparecen representados o 60% dos concellos da provincia, e cun alcance en 150 núcleos de poboación, esta monografía fai un percorrido polas orixes, características e desenvolvemento das celebracións de nadal, festas ígneas, romarías e do ciclo de entroido. En definitiva, por todos os elementos e situacións que resultan ser altamente significativos para a configuración desta identidade.
Amósase un catálogo de máscaras, personaxes e rituais que conforman o folclore destas festas, afondando en cada un deles dun xeito descritivo, histórico, evolutivo e parando no que significan tanto de xeito individual como no colectivo do que forman parte. Establecendo asimesmo paralelismos con situacións análogas que aparecen noutros lugares do mundo, e emprendendo unha viaxe que nos leva pola celebración destos rituais ao longo da historia.
Aquí fican relatos, informantes, testemuñas, vellas cantigas e gran variedade de situacións que durante moitos invernos lle deron pulo ás relacións interpersoais, e a unha realidade social que olla a estas celebracións como un xeito de vida.
RESEÑAS EN PRENSA (Preme nas imaxes para amplialas).
GALERÍA DE IMAXES DA ENTREGA DO PREMIO VICENTE RISCO. Castro Caldelas, 16 de novembro de 2019.
PRESENTACIÓN NAS XORNADAS SOBRE O ENTROIDO DE GALIZA. Pontevedra, 29 de febreiro de 2020.