FOL DE VELENO: ANUARIO DE ANTROPOLOXÍA E HISTORIA DE GALICIA
Editado pola Sociedade Antropolóxica Galega en 2015, contén artigos de antropoloxía, arqueoloxía e historia asinados por varios autores. O meu leva por título "Supersticións, crenzas e mitoloxías na sociedade galega. As súas influencias no devir cotián da comunidade", e nel falo de celebracións celtas, seres mitolóxicos, etnomedicina e lendas que conforman o máxico espectro das tradicións inmateriais galegas.
O texto está ilustrado con debuxos a carbonciño de Lisi Novas Domínguez.
PREME NAS IMAXES PARA AMPLIAR