ILUSTRES
FORMATO: 145x210 mm. - Nº DE PÁXINAS: 270 - ISBN: 9788469593486 - ANO DE PUBLICACIÓN: 2014
Precedido dun amplo paseo pola historia de Viana do Bolo, este libro fai un percorrido, dende o punto de vista do autor, pola vida e obra daqueles vianeses e non vianeses que contribúen coas actividades que desempeñan e desempeñaron a que a historia e a cultura desta terra sexan coñecidas.
Persoas que estarán por sempre na lembranza dos habitantes do concello e que pasarán á posteridade pola súas cualidades humanas e artísticas.
ILUSTRES COMO PROXECTO SOLIDARIO:
A primeira edición deste libro fíxose en formato e-book, editado polo I.E.S. Carlos Casares de Viana do Bolo; cedendo o autor todas as doazóns recadadas ao proxecto de cooperación "Escuelas del Mundo" que se leva a cabo entre o centro vianés e a Unidade Educativa Timoteo Rondales de Bermejo (Santa Cruz-Bolivia), mediante o que se construíron escolas para formar aos cativos desfavorecidos desta zona do país sudamericano.
Nas imaxes que seguen amósanse o cartel da presentación solidaria, os detalles do CD e uns intres do acto. (Premer enriba delas para ampliar).
RESEÑAS EN PRENSA. (Preme nas imaxes para amplialas).
GALERÍA DE IMAXES DA PRESENTACIÓN DE ILUSTRES. (Viana do Bolo, 10 de xaneiro de 2014).
Aula Magna "Xesús Rodríguez Jares" do I.E.S. Carlos Casares.