LÁMINA MÁSCARAS E PERSONAXES DO ENTROIDO OURENSÁN
Como resultado dun traballo de investigación xorde esta lámina coa recompilación de varios dos axentes do entroido da provincia de Ourense. A versión inicial foi exposta no Café
Caracas de Viana do Bolo no entroido de 2016, e no mesmo ano tamén foi presentada nas Xornadas do Entroido de Galiza que organiza en Pontevedra a Sociedade Antropolóxica Galega. Forma tamén parte
do decorado dun restaurante galego ubicado na cidade de Madrid e nas oficinas e locais de diferentes empresas.