LÚA NOVA
Lúa Nova é unha revista galega de difusión cultural e social, que edita a Asociación Cultural Galega Rosalía de Castro con sede en Cornellá de LLobregat. É polo tanto unha publicación da emigración galega en Cataluña, un colectivo co que unha vez máis colaboro.
LÚA NOVA Nº 63 (XANEIRO 2024).
Neste número participo co artigo "A illa de Cortegada: entre a lenda de Olaf e o arrecendo dos loureiros", no que falo de diferentes aspectos da historia e do patrimonio deste recuncho da ría de Arousa.
LÚA NOVA Nº 62 (XANEIRO 2023).
Neste número participo co artigo "Tesouros, pestes e bautizos clandestinos na Illa de Tambo", no que falo da historia, patrimonio e das lendas desta fermosa illa pontevedresa.
LÚA NOVA Nº 61 (XANEIRO 2022).
Neste número participo co artigo "A tradición do liño na aldea de Baños (A Veiga)", no que falo de todo o proceso a través das lembranzas dunha veciña do lugar.
LÚA NOVA Nº 60 (XANEIRO 2021).
Neste número tan especial da revista, co que se celebra o 40 aniversario da Asociación, así como o 60 da publicación, participo cun artigo titulado "A maxia da lúa na tradición galega", no que utilizando á lúa (nome da revista) como fío condutor, fago un percorrido polas peculiaridades que a mesma acubilla nas crenzas, mitos e rituais galegos.