MÚSICA
A miña afección pola música vén de familia, herdada do meu avó materno, e con ela convivín dende cativo. Nos meus anos da segunda etapa da E.X.B. comecei a tomar clases de piano e solfeo, inda que pouco despois o deixei para pasados uns anos asistir a clases de Gaita Galega (SIb) en Viana do Bolo, cun profesor da Banda Provincial de Ourense que ata a nosa vila se desprazaba un día á semana.
O tempo foi pasando e tiven que deixalo ao ter que ir á universidade e non poder compatibilizalo.
Anos despois tiven a oportunidade de ser alumno de Luís Correa "O Caruncho" no Centro Cultural de Vincios (Gondomar), tocando de novo a gaita (DO). Foi así como entrei a formar parte do grupo "Aires de Santes" e da "Rondalla Monte Galiñeiro".
Posteriormente poiden cumplir outro dos meus desexos musicais, estudando clarinete na Agrupación Musical de Vincios (Gondomar), formando parte da Banda Xuvenil.
Na miña vila natal de Viana do Bolo, formo tamén parte como gaiteiro do grupo de música tradicional "Os Chavalines".