SENTINDO A MANUEL MARÍA
2016 foi o ano no que as Letras Galegas foron adicadas a este poeta da Terra Chá nado en Outeiro de Rei. E para homenaxear ao ilustre defensor da cultura galega, ideamos un proxecto conxunto que compartín con Luís Correa "O Caruncho", ao que demos en chamar "Sentindo a Manuel María".
Luís interpretaba poemas do autor acompañando a voz co son da súa zanfona, os cales eran explicados mediante unha introdución didáctica que eu ía lendo previamente; todo mesturado coa voz en off do propio Manuel María recollidas en gravacións que o poeta deixara en diferentes aparacións en radio, das que eliximos as que facían referencia os temas tratados nos poemas interpretados.
O programa da nosa actuación incluía as seguintes composicións: A gaita, As árbores da cidade, Soneto de Outono, Galiza, O Carro, Florencio da Fontaneira, Canción para cantar todos os días e O soñador.
"Sentindo a Manuel María" foi estrenado en Viana do Bolo o 5 de agosto de 2016 dentro da XI Mostra de Corais organizada polo Orfeón Vianés, onde compartimos escenario co propio Orfeón e coa coral Ars Cantorum de Guillade (Pontevedra). Luís acompañou ao Orfeón coa zanfona en "O Carro" e tamén ao remate ás dúas corais no Himno Galego.
RESEÑA EN PRENSA.