SENTINDO A MANUEL MARÍA


2016 foi o ano no que as Letras Galegas foron adicadas a este poeta da Terra Chá nado en Outeiro de Rei. E para homenaxear ao ilustre defensor da cultura galega, ideamos un proxecto conxunto que compartín con Luís Correa "O Caruncho", ao que demos en chamar "Sentindo a Manuel María".

Luís interpretaba poemas do autor acompañando a  voz co son da súa zanfona, os cales eran explicados mediante unha introdución didáctica que eu ía lendo previamente; todo mesturado coa voz en off do propio Manuel María recollidas en gravacións que o poeta deixara en diferentes aparacións en radio, das que eliximos as que facían referencia os temas tratados nos poemas interpretados.

O programa da nosa actuación incluía as seguintes composicións: A gaitaAs árbores da cidadeSoneto de OutonoGalizaO CarroFlorencio da Fontaneira, Canción para cantar todos os díasO soñador.


"Sentindo a Manuel María" foi estrenado en Viana do Bolo o 5 de agosto de 2016 dentro da XI Mostra de Corais organizada polo Orfeón Vianés, onde compartimos escenario co propio Orfeón e coa coral Ars Cantorum de Guillade (Pontevedra). Luís acompañou ao Orfeón coa zanfona en "O Carro" e tamén ao remate ás dúas corais no Himno Galego.




RESEÑA EN PRENSA.