MULLERES VIANESAS


Co gallo da celebración do Día Internacional da Muller no 8M de 2021, publiquei seis fichas de sendas mulleres vianesas de distintas épocas (inicios, metade e finais do século XX e tamén do XXI); como xeito de representar a todas as do noso concello. Algunha delas xa tivera especial protagonismo no meu libro Ilustres, e o resto corresponden a outras sobre as que tamén levo investigado ou sigo a súa obra con moito interese.

Elas e o resto das mulleres, que estiveron e que están, son exemplos de loita, integración, humanidade e valores que merecen vivir nunha sociedade igualitaria. 

Son as que seguen:

1. MILAGROS COUREL FERNÁNDEZ: unha das pioneiras galegas en acadar os estudos de Bachiller.

2. ADELAIDA GARCÍA FLORES: a Condesa de Bugallal que foi a gran benefactora vianesa.

3. Mª DEL ROSARIO CASTELLS VILA: escritora e Doutora en Filosofía e Letras, con diferentes premios e mencións.

4. LUCÍA DA CONCEIÇÃO FERNÁNDEZ: a “Cega de Covelo” que ve a través da música da súa mandolina.

5. NIEVES FERNÁNDEZ VIDUEIRA: pastora, escultora, poeta e gran preservadora do noso patrimonio.

6. MANOLI VICENTE FERNÁNDEZ: nutricionista, escritora e gran defensora do papel relevante da muller na literatura.


ESTAS SON AS FICHAS DE CADA UNHA DAS MULLERES RESEÑADAS (Preme enriba delas para agrandar).


O xornal O Sil publicaba a nova que segue, á que podes premendo AQUÍ.