NÓS, A XENTE DO REDOR


Esta revista é unha publicación do colectivo cultural ourensán Nós, a xente do redor, na que diferentes autories achegan artigos de opinión, investigación e poemas.


NÓS, A XENTE DO REDOR Nº 14 (ABRIL 2024).

As tradicións, crenzas e simbolismos que destacan no mes de abril ourensán.



NÓS, A XENTE DO REDOR Nº 13 (FEBREIRO 2024).

Neste número dou conta dos aspectos mitolóxicos que acubilla o ciclo de Nadal na provincia de Ourense.



NÓS, A XENTE DO REDOR Nº 12 (NOVEMBRO 2023).

Este número foi presentado o 22 de novembro de 2023 no Centro Comercial Ponte Vella de Ourense. O meu artigo fala da importancia que na provincia ourensá ten a tradición dos magostos e do San Martiño.



NÓS, A XENTE DO REDOR Nº 11 (SETEMBRO 2023).

Novo número presentado o 17 de setembro de 2023 na Sociedade Cultural Albor do barrio do Couto en Ourense, no que participei cun artigo no que dou conta da forte tradición que no mes de agosto teñen as festas patronais, así como diferentes romarías que dinamizan a vida da comunidade.



NÓS, A XENTE DO REDOR Nº 10 (MAIO 2023).

Neste número presentado no Auditorio da Biblioteca Municipal de O Porriño, participei co artigo Os ejemplos: tradición de primavera de aldea de Carzoá, no que falo dun fermoso ritual que tempo atrás se celebraba neste lugar ourensán do concello de Cualedro.



NÓS, A XENTE DO REDOR Nº 9 (XANEIRO 2023).

Neste número presentado no Salón Noble do Liceo de Ourense, participei co artigo O Boi como presenza do sol no inverno ourensán, no que falo dos aspectos simbólicos que este animal acubilla no tempo da invernía.



NÓS, A XENTE DO REDOR Nº 8 (OUTUBRO 2022).

Neste número presentado en Castrelo de MIño, participei co artigo Os xigantes da mitoloxía ourensá, no que dou conta destos mitos do patrimonio inmaterial da nosa provincia.

O artigo foi ilustrado pola artista caldelá Maite Vázquez.



NÓS, A XENTE DO REDOR Nº 7 (XULLO 2022).

Neste número presentado en A Veiga, participei co artigo O Home de Prada: un mito do medo nas terras de Trevinca, no que falo desta figura que tempo atrás aparecía polo entroido na aldea.


Preme AQUÍ para acceder ao artigo publicado polo xornal O SIL en referencia aos actos celebrados durante a xornada da presentación da revista.