ENTROIDO DE VIANA DO BOLO: PERSONAXES E GASTRONOMÍA
FORMATO: 150x210 mm. - Nº DE PÁXINAS: 12 (FORMATO GUÍA) - ANO DE PUBLICACIÓN: 2011
Nesta guía o autor camiña de xeito histórico polos diferentes axentes do entroido da vila de Viana do Bolo, así como na parte final tamén polos aspectos que en termos de gastronomía son típicos desta festa.
Por orde de aparición vanse detallando personaxes, máscaras e mascaradas como "A Vella", "A Comparsa", "O Zamarreiro", "O Boteiro", "O Intrudio", "A Mula e o Maragato" e "Os Lardeiros (A Comadre e O Compadre)".
En canto á gastronomía dase conta de produtos como a androlla, a ola podrida, o pigureiro, sopa de voda, vexiga enchida, sopas de burro cansón, andullo, sopa do xoves, sopa de pan con grasa, e outros como conchos (noces), arroz doce e torrexas.
Esta guía está ilustrada con debuxos de Mª Luz Pérez e foi editada grazas á colaboración da Asociación de Folións Rurais de Viana do Bolo e diferentes negocios da vila, que coas súas doazóns contribuiron a que esta obra que lembra a historia do entroido vianés poidese ver a luz.
Foi repartida de xeito gratuíto durante a celebración do desfile do Domingo Gordo de 2011, contado para elo coa colaboración do Orfeón Vianés, sendo os seus compoñentes os que se encargaron de facelo no stand que para a promoción dos seus produtos tiñan instalado na Praza Maior da vila.
REFERENCIA EN PRENSA:
O 12 de febreiro de 2012, Felipe Senén fai referencia a esta guía nun dos seus artigos publicado no xornal La Opinión de A Coruña.
EXPOSICIÓN DE LÁMINAS:
Deste traballo xurdiu unha serie de sete láminas (máis de a de presentación), que foron expostas ao público durante o entroido de 2011 no Café Caracas de Viana do Bolo, lugar da vila no que se realizan diferentes mostras ao longo do ano.