PREMIOS E CONDECORACIÓNS
2019: PREMIO VICENTE RISCO DE CIENCIAS SOCIAIS.
No ano 2019 a miña obra "Festividades de Inverno de na provincia de Ourense: máscaras personaxes e rituias", resultou ser a gañadora do XXIII Premio Vicente Risco de Ciencias Sociais, que concede a Fundación Vicente Risco coa colaboración dos concellos de Castro Caldelas, Allariz e a Universidade de Trás-os-Montes e Alto Douro CETRAD-UTAD.
O libro sería publicado por Dr. Alveiros, o selo editorial da Fiundación Vicente Risco, sendo presentado no acto de entrega do premio que se desenrolou no Salón Nobre do Castelo de Castro Caldelas 0 16 de novembro de 2019.
2010: ANDROLLA DE OURO.
No entroido de 2010 fun condecorado polo Concello de Viana do Bolo coa "Androlla de Ouro", como recoñecemento aos meus traballos a prol da posta en valor, promoción e divulgación do entroido vianés.
O acto de entrega desenrolouse no Domingo Gordo daquel ano no Salón de Plenos do Concello, para o que redactei e din lectura ao discurso de recollida en nome de todos os condecorados daquela edición, que compartín con Mercedes Peón, Mulleres de Cabo da Vila e os folións Alternativo e Portugal.
RESEÑAS EN PRENSA E NO PROGRAMA DE ENTROIDO:
2015: PREMIO CONCURSO LITERARIO VEIGAMUÍÑOS.
Co gallo da celebración do XII Mercado Medieval de Tremiñá-Veigamuíños (O Barco de Valdeorras), tivo lugar o VII Concurso Literario en Galego, cuxa temática nesta edición foi a "felicidade". Nel obtiven o Segundo Premio na cetagoría de +18 anos, co meu relato "María, a nena que foi Cinsenta".
A entrega do premio tivo lugar o 18 de xullo de 2015, durante a celebración dos festexos que tiveron lugar nesta aldea ourensá.