ROMARÍA ETNOGRÁFICA RAIGAME


Na XVII edición da Romaría Etnográfica "Raigame" celebrada o 17 de maio de 2019 (Día das Letras Galegas), participei na exposición "Feiras de Ourense" colaborando co Centro de Cultura Popular Xaquín Lorenzo sendo o autor da peza correspondente á feira de Viana do Bolo, que redactei e aportando datos históricos ilustrados con fotografías e documentos do meu arquivo privado.

Este traballo foi posible grazas ao encargo que recibín dende a Concellaría de Cultura de Viana do Bolo, que deu como resultado este traballo que fixen co único desexo de dar a coñecer tanto a historia das feiras da miña vila, como a importancia sociolóxica da mesma como elemento dinamizador e de importantes valores etnográficos.