IMPLICACIÓNS CULTURAIS E ENSINO. TRADICIÓN E DESENVOLVEMENTO NO MEDIO RURAL
Organizada polo concello de A Veiga coincidindo coa presentación do nº 7 da revista Nós, a xente do redor, tivo lugar esta mesa redonda baixo o título "Implicacións culturais e ensino, tradición e desenvolvemento no medio rural"; na que dende diferentes puntos de vista falouse da importancia do rural, achegando eu o meu aporte en base a aspectos etnográficos.
Compartín mesa con Juan Anta (alcalde de A Veiga), Benito Eladio Rodríguez (escritor), César Luis Santamarina (economista), Piedad Valencia (mestra), Paco Ascón (pintor), Adela Figueroa (Catedrática de Bioloxía-Xeoloxía na USC) e Avelino Jácome (editor), que fixo as veces de moderador.