SAN CAMPIO DE LONXE: O SOLDADO SANDADOR


2023 - 24:02 MINUTOS

Na aldea de Figueiró (concello de Tomiño), celebran a finais de xullo a Romaría de San Campio e Santa Arquelaida, matrimonio romano que segundo contan finou martirizado xunto cos seus tres fillos por non negar a súa fe en deus.

Aquí o santo ten sona de milagreiro por sandar enfermidades como o cancro, a reuma e tamén mentais. A comunidade ofrécese a el deixando exvotos, o seu peso en gran ou sal e cartos que depositan nos múltiples petos que se espallan polo santuario. 

A Sancristía do templo é testemuña da realización de exorcismos, practicados polo párroco para botar ao demo dos corpos dos que ata alí chegan manifestando estar poseídos.

Este santuario é un lugar senlleiro do patrimonio inmaterial galego, no que se pode sentir a contraposición da devoción ao santo coa presenza do demo.