SERIE HISTORIA VIANA DO BOLO


Nesta serie de pequenas reportaxes que conteñen imaxes e texto, acompañados de fondos musicais, percorro diferentes episodios da historia de Viana do Bolo. Todos eles están publicados nas miñas redes sociais e na miña canle de youtube, e foron proxectados en diferentes actos desenrolados na vila.

Amoso aquí as carátulas, co ano de publicación, duración e un resumo do seu argumento, e a continuación todos os vídeos para que poidas visionalos.

 


UN RELOXO PARA UNHA VILA

2015 - 04:46 MINUTOS

Narra a historia do reloxo que chegou para ser colocado na Torre de Homenaxe vianesa.

MAQUIS

2015 - 06:57 MINUTOS

As partidas que viviron fuxidas, aisladas e silenciadas nos montes do concello.

O PILÓN

2013 - 05:10 MINUTOS

A historia dun monumento levantado na Praza Maior na honra duns heroes.



A VAIXELA PARA UNHA RAÍÑA

2013 - 03:46 MINUTOS

O día no que a Raíña Isabell II foi convidada a cear na vila cunha vaixela especial.

PRAZA MAIOR

2013 -04:16 MINUTOS

Os trocos que esta emblemática praza foi experimentando ao longo da historia. 

POSTAIS DO PASADO

2013 -05:57 MINUTOS

Unh viaxe pola historia local a través da recompilación de postais da vila.