TRABALLOS DE PROMOCIÓN TURÍSTICA


PLANO-GUÍA TURISMO VIANA DO BOLO:

Na primaveira de 2016 deseñei para o Concello de Viana do Bolo un plano-guía, nun proxecto compartido con Óscar López Mendaña, sendo o autor dos textos aos que engadín imaxes do meu arquivo persoal.

 


 

Foi presentado o mércores, 23 de marzo de 2016 na sala de actos do Concello Vello ubicado na zona antiga da vila, na que a xeito de recursos utilicei os documentais da miña serie "Historia de Viana".

 



PLACAS TURISMO VIANA DO BOLO.

En 2019 o Concello de Viana do Bolo sinaliza os lugares de interese turístico que anos antes eu incluíra no plano-guía que fixera tres anos antes. Dous deles ofrecen información recollida no meu libro Ilustres, en concreto os que están situados na Casa Grande dos Bugallal (actual Casa do Concello) e na Casa Feijóo Sotomayor.   



DESCUBRINDO VIANA DO BOLO.

En 2020 o Centro Sociocomunitario da vila celebraba o seu XXX Aniversario, e entre os actos desenrolados tivo lugar unha visita teatralizada pola zona antiga, que eu deseñei como froito dun traballo de colaboración realizado para esta entidade tras ser solicitado pola súa presidenta.

Este paseo pola historia da vila guiado polo animador sociocultural Óscar López Mendaña, foi ideado a xeito de xogo para o que os participantes deberían ir obtendo pistas que os levarían ao seguinte monumento ou lugar de interese.

Foi así como naquela mañá do 19 de outubro, todos os convidados a este aniversario tiveron a oportunidade de coñecer a historia de Viana do Bolo participando neste percorrido polos diferentes lugares  da zona antiga da vila.

 



TRÍPTICO TURISMO VIANA DO BOLO.

En 2009 o Concello de Viana do Bolo edita un tríptico no que os textos que fan referencia á historia e ao entroido, así como o texto da contraportada, foron recollidos na miña web vianesa.