PUBLICACIÓNS NA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA


Durante os meus anos de universitario que se desenrolaron na década dos 90, fun membro de equipo de redacción do BIAS (Boletín de Informativo das Asociacións da Universidade Compostelana), que editaba a asociación de estudantes AXUES (Asociación Xuvenil Universitaria), da que formei parte como coordinador do Campus Sur da U.S.C.

Na Escola Universitaria de Graduados Sociais fun fundador da revista "O Estatuto", publicada por medio da asociación de estudantes AUGE (Asociación Universitaria Galega de Estudantes), da que formei parte chegando a desempeñar o cargo de secretario do seu Consello Consultivo.

E tamén como membro de AUGE e en colaboración co Vicerreitorado de Estudantes, fun coautor da guía "Técnicas de búsqueda de emprego" que foi repartida por este vicerreitorado nomeado entre o alumnado dos campus de Santiago e Lugo.

Como membro fundador da Asociación Nacional de Alumnos e Ex-alumnos de Graduado Social e Relacións Laborais, creada en Valencia en 1996 durante un congreso celebrado entre representantes de alumnos das distintas universidades, da que fun redactor dos estatutos de constitución; aparece tamén un artigo no xornal da universidade (que engado aquí), no que xunto á compañeira de asociación Luisa Novas e o director do centro Javier Marañón, falamos da por aquel entón anceiada creazón do Segundo Ciclo de Relacións Laborais. 


1996
1996
1996
1996
1997
1997
1996
1996
1996
1996