REVISTA XURDIMENTO
Xurdimento é unha revista informativo-cultural que edita o Centro Galego de Lleida, no que como froito da miña constante relación coa emigración galega, publico diferentes artigos.
2024: O SANTUARIO DAS ERMITAS: A VIRXE DA COVA, O BARCO DO ALMIRANTE E A ESTOUPA DO XUDAS.
No nº 37 quixen facer unha homenaxe póstuma a un familiar finado falando da aldea de As Ermitas, lugar que foi o da súa vida.
2023: STELLA MARIS: EMOCIÓN, DEVOCIÓN E RITUALIDADE NO MAR DO GROVE.
Neste nº 36 da revista, falo dos aspectos da Festa do Carme en O Grove, que baixo un forte carácter relixioso, acubilla outros aspectos etnográficos moi interesantes.
2022: A ESTRADA: CULTURA, TRADICIÓN E RIQUEZAS PATRIMONIAIS.
Un artigo na memoria e como homenaxe a Xosé Terceiro, quen foi presidente desde Centro Galego.
2021: A FONTE DO GAITEIRO: O RECUNCHO DA MOURA NA ILLA DE ONS.
Interpretación inmaterial dunha fermosa fonte de auga doce na Illa de Ons.
2016: A SERRA DO GALIÑEIRO: UN BERCE DE LENDAS NO CORAZÓN DO VAL MIÑOR.
Lendas e seres que habitan neste espazo mítico do lugar de Vincios (Gondomar-Pontevedra).